O neoludismo ou novo ludismo é unha corrente filosófica que se opón ao desenvolvemento tecnolóxico e científico da sociedade moderna.[1] Este termo aplícase ás persoas que rexeitan o progreso tecnolóxico, e asóciase ao legado dos luditas británicos, activos entre 1811 e 1817. [2]
O neoludismo baséase na preocupación polo impacto tecnolóxico negativo sobre as persoas, as súas comunidades e o medio ambiente. [3] O neoludismo estipula o uso do principio de precaución para todas as novas tecnoloxías, esixindo que estas tecnoloxías sexan probadas e seguras antes de ser adoptadas pola sociedade, debido aos efectos descoñecidos que podería traer a súa implantación.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search